sábado, 23 de abril de 2016

O DÍA DO LIBRO (23 de Abril)

Como xa sabemos, hoxe, como cada ano, o 23 de Abril celébrase o Día do Libro. E nos, os alumnos/as de 4º de Primaria, aproveitamos o día de onte, para facer a nosa propia homenaxe.
Agora todos sabemos porqué é o 23 de Abril o día elexido para celebrar o Día do Libro, verdade?
Tamén disfrutamos dunha xornada diferente ao resto, na cal cada alumno/a levou o seu libro favorito, e contóulle aos seus compañeiros/as os motivos que lle levaron a decantarse por ese libro.
Para rematar, Yolanda (xefa de estudios) fixo entrega dun agasallo en forma de libro e dun diploma aos alumnos/as máis lectores da clase. 




Aproveitamos para animar a todos a ler, xa que como dí o eslogan do noso mural.... "para viajar lejos no hay mejor nave que un libro"