Mostrando entradas con la etiqueta Apuntes Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apuntes Galego. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de octubre de 2013

Apuntes Galego

NORMAS ORTOGRÁFICAS LIBRO DE GALEGO
Tema 1
A sílaba é cada golpe de voz con que se pronuncia unha palabra. Ej: ca-mi-sa. Un ditongo é a unión de dúas vogais que se pronuncian na mesma sílaba. Para que haxa ditongo, unha das vogais ten que ser i ou u: vai-ni-lla, ca-rio-ca. Os ditongos non se separan ao final da liña.
 Tema 2
 A sílaba que se pronuncia máis forte chámase sílaba tónica. As demais sílabas chámanse sílabas átonas. Segundo o lugar que ocupa a sílaba tónica, as palabras poden ser: • Agudas: a sílaba tónica é a última. Ex: tendal. • Graves: a sílaba tónica é a penúltima. Ex: estrela. • Esdrúxulas: a sílaba tónica é a antepenúltima. Ex: cóxegas.
Tema 3
As palabras agudas son as que teñen a última sílaba tónica. Ex: rapaz. As palabras agudas levan acento gráfico cando rematan en –n, en –s ou en vogal. Ex: Inés, león,mañá.  
Tema 4
Unha palabra é grave se a súa sílaba tónica é a penúltima. Ex: garavanzo. As palabras graves levan acento gráfico (´) cando rematan en consoante distinta de –n ou –s. Ex: dátil.
 Tema 5
As palabras esdrúxulas son as que teñen a antepenúltima sílaba tónica. Ex: xílgaro. As palabras esdrúxulas sempre levan acento gráfico. Ex: búfalo. As palabras sobresdrúxulas son as que teñen a súa sílaba tónica antes da antepenúltima sílaba. Ex: págallelo. As palabras sobresdrúxulas sempre levan acento gráfico. Ex: cómellelo.
Tema 6
 Escríbense con b: • Os verbos rematados en –buír e –bir e os seus derivados, agás vir, vivir, ouvir e servir. Ex: distribuír, subir. • As formas verbais do pasado rematadas en –aba, -abas, -abamos, -abades, -aban. • Diante de r e l. Ex: sobre, cable. • As palabras que comezan por bu-, bur- e bus- agás vulto e vurullo.Ex: bubela, burbulla, buscar. • As formas e derivados dos verbos beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber. Escríbense con v: • Os adxectivos rematados en –avo/a, -ivo/a, -evo/a, -ovo/a, -ave, -eve, -ívoro/a. Ex: cativo, nova. • Os verbos vir, vivir, servir e ouvir. • Os verbos rematados en –servar. Ex: conservar. • O nome dos números. Ex: vinte.  
Tema 7
As contraccións do artigo fórmanse cando se unen as preposicións a, de, en, con, por cos artigos. O A OS AS A Ao ( ó ) á Aos (ós) Ás DE Do Da dos Das CON co coa cos Coas EN No na nos Nas POR polo pola polos polas  
Tema 8
 Escríbense con h: • As palabras que comezan por hemi-, hiper-, hipo-, hexa- e hecto-. Ex: hemiciclo, hectómetro. • As formas do verbo haber. Ex: houbo, hai.
 Tema 9
Algunhas palabras escríbense con ll e outras con i. Ex: allo, espello, iogur, boina.  
Tema 10
 Escríbense con es- palabras como escavadora, espazo e estraño. Escríbense con ex palabras como excursión, experiencia e extremidade. Nalgúns casos, o significado das palabras é diferente segundo se estas se escriben con s ou con x. Escríbense con s: esperto, susto, sente, sesta e raso. Escríbense con x: experto, xusto, xente, sexta e raxo.
 Tema 11
 • Usamos por que nas preguntas. Ex: Por que non quedas co libro?. Usamos porque nas respostas. Ex: Porque non me de acentuación, repasar a ortografía dos temas 3, 4, 5 e 6. • gusta. • Usamos porqué se o podemos substituír po causa ou motivo. Ex: Ela explicoume o porqué da súa resposta. Tema 12
Escríbense con b os verbos beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber. Escríbense con v os verbos ver, volver, chover, mover… e os seus derivados.
 Tema 13
 Escríbense con b todos os verbos rematados en –bir, excepto servir, vivir, vir, ouvir e os seus derivados. Ex: escribir, prohibir.
  Tema 14
 Algunhas palabras non teñen –l- entre vogais ou a final de palabra. Ex: caracois, soidade… Algunhas palabras da mesma familia conservan o –l-. Ex: candea/candelabro. Algunhas palabras non teñen –n- entre vogais ou ao final de palabra. Ex: area, persoa, ra… Algunhas palabras da mesma familia conservan o –n-. Ex: Campá/campanario.
  Tema 15
Repaso das normas ortográficas dadas no tema 1, 2, 3 ,4 e 5. . OUTRAS NORMAS ORTOGRÁFICAS IMPORTANTES O punto • Sinala a fin dunha oración. • Hai tres tipos de punto: punto e seguido, punto e á parte e punto e final. A coma • Sinala unha pequena pausa na oración. • Emprégase para separar os elementos dunha enumeración. • Emprégase para facer unha aclaración dentro dunha oración.