NORMAS ORTOGRÁFICAS LIBRO DE GALEGO
Tema 1
A sílaba é cada golpe de voz con que se pronuncia unha palabra. Ej: ca-mi-sa.
Un ditongo é a unión de dúas vogais que se pronuncian na mesma sílaba. Para que haxa ditongo, unha das vogais ten que ser i ou u: vai-ni-lla, ca-rio-ca.
Os ditongos non se separan ao final da liña.
Tema 2
A sílaba que se pronuncia máis forte chámase sílaba tónica. As demais sílabas chámanse sílabas átonas.
Segundo o lugar que ocupa a sílaba tónica, as palabras poden ser:
• Agudas: a sílaba tónica é a última. Ex: tendal.
• Graves: a sílaba tónica é a penúltima. Ex: estrela.
• Esdrúxulas: a sílaba tónica é a antepenúltima. Ex: cóxegas.
Tema 3
As palabras agudas son as que teñen a última sílaba tónica. Ex: rapaz.
As palabras agudas levan acento gráfico cando rematan en –n, en –s ou en vogal. Ex: Inés, león,mañá.
Tema 4
Unha palabra é grave se a súa sílaba tónica é a penúltima. Ex: garavanzo.
As palabras graves levan acento gráfico (´) cando rematan en consoante distinta de –n ou –s. Ex: dátil.
Tema 5
As palabras esdrúxulas son as que teñen a antepenúltima sílaba tónica. Ex: xílgaro.
As palabras esdrúxulas sempre levan acento gráfico. Ex: búfalo.
As palabras sobresdrúxulas son as que teñen a súa sílaba tónica antes da antepenúltima sílaba. Ex: págallelo.
As palabras sobresdrúxulas sempre levan acento gráfico. Ex: cómellelo.
Tema 6
Escríbense con b:
• Os verbos rematados en –buír e –bir e os seus derivados, agás vir, vivir, ouvir e servir. Ex: distribuír, subir.
• As formas verbais do pasado rematadas en –aba, -abas, -abamos, -abades, -aban.
• Diante de r e l. Ex: sobre, cable.
• As palabras que comezan por bu-, bur- e bus- agás vulto e vurullo.Ex: bubela, burbulla, buscar.
• As formas e derivados dos verbos beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber.
Escríbense con v:
• Os adxectivos rematados en –avo/a, -ivo/a, -evo/a, -ovo/a, -ave, -eve, -ívoro/a. Ex: cativo, nova.
• Os verbos vir, vivir, servir e ouvir.
• Os verbos rematados en –servar. Ex: conservar.
• O nome dos números. Ex: vinte.
Tema 7
As contraccións do artigo fórmanse cando se unen as preposicións a, de, en, con, por cos artigos.
O A OS AS
A Ao ( ó ) á Aos (ós) Ás
DE Do Da dos Das
CON co coa cos Coas
EN No na nos Nas
POR polo pola polos polas
Tema 8
Escríbense con h:
• As palabras que comezan por hemi-, hiper-, hipo-, hexa- e hecto-. Ex: hemiciclo, hectómetro.
• As formas do verbo haber. Ex: houbo, hai.
Tema 9
Algunhas palabras escríbense con ll e outras con i. Ex: allo, espello, iogur, boina.
Tema 10
Escríbense con es- palabras como escavadora, espazo e estraño.
Escríbense con ex palabras como excursión, experiencia e extremidade.
Nalgúns casos, o significado das palabras é diferente segundo se estas se escriben con s ou con x.
Escríbense con s: esperto, susto, sente, sesta e raso.
Escríbense con x: experto, xusto, xente, sexta e raxo.
Tema 11
• Usamos por que nas preguntas. Ex: Por que non quedas co libro?.
Usamos porque nas respostas. Ex: Porque non me de acentuación, repasar a ortografía dos temas 3, 4, 5 e 6.
• gusta.
• Usamos porqué se o podemos substituír po causa ou motivo. Ex: Ela explicoume o porqué da súa resposta.
Tema 12
Escríbense con b os verbos beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber.
Escríbense con v os verbos ver, volver, chover, mover… e os seus derivados.
Tema 13
Escríbense con b todos os verbos rematados en –bir, excepto servir, vivir, vir, ouvir e os seus derivados. Ex: escribir, prohibir.
Tema 14
Algunhas palabras non teñen –l- entre vogais ou a final de palabra. Ex: caracois, soidade…
Algunhas palabras da mesma familia conservan o –l-. Ex: candea/candelabro.
Algunhas palabras non teñen –n- entre vogais ou ao final de palabra. Ex: area, persoa, ra…
Algunhas palabras da mesma familia conservan o –n-. Ex: Campá/campanario.
Tema 15
Repaso das normas ortográficas dadas no tema 1, 2, 3 ,4 e 5.
.
OUTRAS NORMAS ORTOGRÁFICAS IMPORTANTES
O punto
• Sinala a fin dunha oración.
• Hai tres tipos de punto: punto e seguido, punto e á parte e punto e final.
A coma
• Sinala unha pequena pausa na oración.
• Emprégase para separar os elementos dunha enumeración.
• Emprégase para facer unha aclaración dentro dunha oración.