domingo, 20 de octubre de 2013

Vocabulario Galego

VOCABULARIO TEMA 1
Afastou: separouse de algo ou de alguén.
Descifrar: descubrir o significado de algo.
Regos: pequenos sucos por onde corre a auga.


VOCABULARIO TEMA 2

En troques: pola contra.
Veludo: tecido moi suave.
Encol: encima.
Candeas: obxectos de cera cunha corda polo medio que se acende e dá luz.


VOCABULARIO TEMA 3
Plena: máxima, completa.
Infancia: periodo da vida que vai desde o nacemento ata a adolescencia.
Trazos: características da cara dunha persoa.

VOCABULARIO TEMA 4
Fermento: bacterias que fan crecer a masa.
Bol: cunca grande sen asas.
Grumos: bólas que saen nunha mestura cando os seus ingredientes non están ben diluidos.
Láminas: anaco delgado e plano dun material.
VOCABULARIO TEMA 6
Churrusqueira: elegante
Garrida: garbosa
Batuxando: salpicando 
Eido: campo, prado.
Vimbios: varas dun tipo de salgueiro.
Carrexan: transportan cousas 
Morriña: sensación de pena que se sinte por estar lonxe da terra na que se naceu. 
VOCABULARIO TEMA 7
Anca: cadeira, cadril.
Soletreou: dixo pronunciando as sílabas unha por unha.
Acenos: xestos.
Horizonte:liña en que o ceo se une coa terra ou co mar.
Chanceándose: ríndose.
Estalos: ruido repentino que se produce cando se rompe algo.
Foguete: aparello ou vehículo que se lanza ao espazo.