O pasado venres celebramos o Samaín no cole e pasámolo de medo! 🕸️🦇
Deixámosvos unhas fotiñas do noso mural de Samaín, que quedou terrorífico, e tamén dos disfraces cos que enchemos o cole de monstros, bruxas, esqueletos e moita diversión.
Foi unha xornada chea de ilusión, risas e momentos para lembrar!
O venres pasado tivemos a sorte de recibir a visita da rapazada do Club de Balonmán de Cangas, que se achegou ao noso colexio para compartir con nós unha xornada deportiva.
Durante a actividade, explicáronnos os coñecementos básicos do balonmán, ensináronnos algunhas das súas técnicas e animáronnos a practicar este deporte. Ademais, puidemos poñer en práctica o aprendido e pasar un rato moi divertido.
Encantounos a experiencia! 🤾♀️🤾♂️
Moitas grazas ao Club de Balonmán de Cangas pola visita, pola súa dedicación e por achegarnos un pouquiño máis a este deporte. 💙
Con motivo da celebración do Domund (Domingo Mundial das Misións), queremos convidarvos a reflexionar en familia sobre un valor tan importante como é compartir.
Ás veces pensamos que para axudar aos demais necesitamos facer grandes cousas, pero o certo é que os pequenos xestos do día a día poden marcar unha gran diferenza. Compartir non é só dar algo material, senón tamén ofrecer o noso tempo, escoitar, acompañar ou tender unha man a quen o necesita.
ocasión, quero compartir convosco a curtametraxe Mr. Indifferent, unha pequena historia que nos lembra que un simple xesto de axuda pode cambiar moito máis do que imaxinamos.
O Domund é unha oportunidade para lembrar que todos e todas podemos poñer o noso pequeno gran de area para construír un mundo máis solidario, xusto e acolledor.
Animámosvos a gozar desta curtametraxe e a conversar sobre como podemos compartir un pouquiño máis cada día, tanto na casa como no colexio ou con quen nos rodea. Porque o máis valioso que podemos compartir non sempre é algo que temos, senón algo que damos de corazón.