DOMUND 2026: COMPARTIR É FACER UN MUNDO MELLOR
Con motivo da celebración do Domund (Domingo Mundial das Misións), queremos convidarvos a reflexionar en familia sobre un valor tan importante como é compartir.
Ás veces pensamos que para axudar aos demais necesitamos facer grandes cousas, pero o certo é que os pequenos xestos do día a día poden marcar unha gran diferenza. Compartir non é só dar algo material, senón tamén ofrecer o noso tempo, escoitar, acompañar ou tender unha man a quen o necesita.
ocasión, quero compartir convosco a curtametraxe Mr. Indifferent, unha pequena historia que nos lembra que un simple xesto de axuda pode cambiar moito máis do que imaxinamos.
O Domund é unha oportunidade para lembrar que todos e todas podemos poñer o noso pequeno gran de area para construír un mundo máis solidario, xusto e acolledor.
Animámosvos a gozar desta curtametraxe e a conversar sobre como podemos compartir un pouquiño máis cada día, tanto na casa como no colexio ou con quen nos rodea. Porque o máis valioso que podemos compartir non sempre é algo que temos, senón algo que damos de corazón.