lunes, 26 de octubre de 2026

Que ben o pasamos! 🤾‍♀️🤾‍♂️

O venres pasado tivemos a sorte de recibir a visita da rapazada do Club de Balonmán de Cangas, que se achegou ao noso colexio para compartir con nós unha xornada deportiva.

Durante a actividade, explicáronnos os coñecementos básicos do balonmán, ensináronnos algunhas das súas técnicas e animáronnos a practicar este deporte. Ademais, puidemos poñer en práctica o aprendido e pasar un rato moi divertido.

Encantounos a experiencia! 🤾‍♀️🤾‍♂️

Moitas grazas ao Club de Balonmán de Cangas pola visita, pola súa dedicación e por achegarnos un pouquiño máis a este deporte. 💙




lunes, 19 de octubre de 2026

DOMUND 2026: COMPARTIR É FACER UN MUNDO MELLOR 🌎

DOMUND 2026: COMPARTIR É FACER UN MUNDO MELLOR 

Con motivo da celebración do Domund (Domingo Mundial das Misións), queremos convidarvos a reflexionar en familia sobre un valor tan importante como é compartir. 

Ás veces pensamos que para axudar aos demais necesitamos facer grandes cousas, pero o certo é que os pequenos xestos do día a día poden marcar unha gran diferenza. Compartir non é só dar algo material, senón tamén ofrecer o noso tempo, escoitar, acompañar ou tender unha man a quen o necesita. 

 ocasión, quero compartir convosco a curtametraxe Mr. Indifferent, unha pequena historia que nos lembra que un simple xesto de axuda pode cambiar moito máis do que imaxinamos.

O Domund é unha oportunidade para lembrar que todos e todas podemos poñer o noso pequeno gran de area para construír un mundo máis solidario, xusto e acolledor. 

Animámosvos a gozar desta curtametraxe e a conversar sobre como podemos compartir un pouquiño máis cada día, tanto na casa como no colexio ou con quen nos rodea. Porque o máis valioso que podemos compartir non sempre é algo que temos, senón algo que damos de corazón.