De acordo co proxecto “A
música”, levado a cabo este curso no colexio, os nenos e nenas de 4º EP, xa que
estamos traballando “A música dos anos 60”, irán disfrazados no Entroido de
hippies. O movemento hippie estaba moi relacionado coa música desta época,
crearon un estilo de vida e unha estética propia que os identificaba: roupas soltas e longas,
con impresións de cores vivas e florais e jeans con campá. Por
suposto, poden acompañar o disfraz con aqueles accesorios propios dos hippies,
tales como: colgantes co símbolo da paz, gafas circulares con cristais de
cores, diademas de margaridas, etc.
Grazas pola vosa
colaboración.
Un saúdo.
A titora.